sábado, 14 de noviembre de 2009
gipe A en Bueu
Dende o PSOE despois de preguntar o concelleiro delegado e falar con varios/as responsables dos centros educativos da vila, queremos deixar claro que O ÍNDICE DE AFECCIÓN DA GRIPE A EN BUEU É MOI BAIXO OU CASE NULO. Pois existen coñecidos 2 casos e están totalmente controlados por unha medicación xenérica de calquer cadro gripal, sen ter que administrar TAMIFLU.É certo que hai activados varios protocolos para que no caso de xordir algún caso de GRIPE A se teña constancia de cales son os pasos a seguires para o seu tratamento, e que tamén nos centros educativos están moito móas pendentes de que poida aparecer algún neno cun febre ou síntomas que se poidan vincular con esta enfermidade, pero a día de hoxe o funcionamento dos mesmos é totalmente normal, aínda que é certo que en ocasións puntuais algunha aula puidera ter un descenso de nen@s considerable asociado coa prevención en caso de ter algún tipo de cadro gripal.AS medidas de prevención se están a levar a cabo con corrección, por exemplo se ampliou no centro de saúde un turno máis de limpeza, polo que lle pedimos a cidadanía que non se deixe levar polos comentarios infundandos que provocan un ALARMISMO innecesario e inclusive perxudicial para que os operativos sanitarios poidan levar a cabo o seu traballo dunha forma adecuada; cando en BUEU a AFECCIÓN DA GRIPE A É MOI BAIXA OU CASE INEXISTENTE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)